O Barco, a capital da Terra de Valdeorras, ofrécelle ao viaxeiro numerosas sorpresas para unha estadía en calquera época do ano, lugares para se perder nun territorio con fortes pegadas da Historia, establecementos de hostalaría para un aloxamento confortable e para degustar os viños e os pratos máis característicos da cociña comarcal. É tamén excelente lugar de partida para realizar escursións ao Parque Natural da Serra da Lastra, Pena Trevinca, O Courel e ao conxunto arqueolóxico das Médulas, Patrimonio da Humanidade, na veciña comarca do Bierzo.