Saúdo do Alcalde

Foto do Alcalde
[Preme na imaxe par ter liña directa co alcalde]

O esforzo por adaptar a administración local ás novas tecnoloxías, facéndoa máis áxil e transparente, constitúe un reto e unha esixencia inaprazable para achegala aos veciños e veciñas. Agora, coa presentación do sitio web do Concello do Barco de Valdeorras abrimos unha nova etapa na mellora das prestacións de servizos, de acceso á información e de atención á cidadanía.

A páxina, elaborada con esmero e moi coidada tanto no deseño como na presentación dos seus contidos, contribuirá a achegar máis e mellor información sobre o funcionamento e as características do noso concello, ao tempo que vai servir de punto de referencia inescusable para todos aqueles que, dende a distancia, queiran saber máis do Barco e a terra de Valdeorras. Quen quixer, mesmo poderá planificar unha visita sen deixar ningún aspecto á improvisación, dende os lugares de interese, facendo un breve percorrido pola historia e mais a cultura local, até a oferta gastronómica ou de aloxamento, entre outros.

Agardo que o noso espazo na rede cubra de maneira satisfactoria as expectativas de todas as persoas que se acheguen até el, así como as demandas cidadás en canto á prestación de servizos que o medio ofrece. Nesta liña quero animar os usuarios e usuarias da páxina para que participen de xeito activo no seu funcionamento, para que nos fagan chegar as súas consultas ou suxestións, algo que ha redundar na calidade da propia web e, xa que logo, en beneficio de todos.

O meu desexo, pois, de que sexa esta unha canle aberta para recoller opinións e achegas de todo tipo, para entre todos e todas podermos arrequecer a proxección do Concello do Barco, dende a súa puxante capitalidade até as parroquias, os barrios e mais os pequenos lugares que compoñen o termo municipal. Velaquí O Barco de Valdeorras, unha fiestra aberta á realidade do noso concello e da bisbarra, un espazo plural e aberto, dinámico e acolledor.

Un saúdo afectuoso,

 

Alfredo L. García Rodríguez

Alcalde do Barco de Valdeorras

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng