O Concello organiza o ciclo musical na rúa “Terrasón 2020”

22.07.20 13:17

O venres 24 de xullo comeza o ciclo musical “Terrasón 2020”, organizado pola Concellería de Cultura do Concello do Barco para amenizar as rúas da localidade e conseguir deste xeito poñer unha nota dinamizadora nun verán no que non haberá festas patronais.

O programa, que se desenvolverá ata o 13 de setembro, inclúe 17 grupos, que actuarán no entorno das terrazas dos locais hostaleiros da poboación.

O grupo “Soul&Roll” será o primeiro en actuar, o venres 24 de xullo, na zona da pasarela do Malecón, ás 23:00 horas, e o sábado a mesma hora, na Praza Maior o concierto será do grupo berciano “The Morgans”. O programa seguirá os venres e sábados, ou sábados e domingos pola mañá, ata o mes de setembro, excepto a fin de semana do 15 de agosto, en actuacións venres, sábado e domingo.

Os espectadores deberán estar sentados –ben nas terrazas, ben en cadeiras que colocará o Concello en cada un dos lugares de actuación- pero sempre limitando o seu número para evitar aglomeracións de persoas.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng