Actividades para o Día contra Violencia de xénero
A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade organizou diferentes actividades con motivo do 25 de novembro, Día contra a violencia de xénero. Alguna das actividades precisa de inscricion previa, antes do día 18 de novembro.
As actividades organizadas son as seguintes:
•-Obradoiro de autodefensa feminista: Venres 22 de novembro, para mulleres de 18 a 55 anos, anos, entre ás 16:00 a 18:00 horas, e maiores de 55 anos, de de 18:30 a 20:30. Terá lugar no terceiro andar do edificio da biblioteca, e as inscricións están abertas ata o 18 de novembro.
•-Ler o mundo en negro: literatura galega e feminismos. Charla-coloquio con María Reimóndez, escritora e activista galega. O sábado 23 de novembro, ás 11,30 horas, na Biblioteca Municipal. A entrada é libre ata completar aforo.