Convocado o II Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán

11.10.19 10:17

Ata o día 8 de novembro está aberto o prazo de presentación para a segunda edición do Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán.

Tal e como se fixo na edición anterior escolleranse tres textos finalistas e un gañador, que recibirá un premio de 3000€.

Para participar débense achegar os textos poéticos a través da páxina do Proxecto (https://asletrasdeflorencio.gal/ii-premio-de-poesia-florencio-delgado-gurriaran/) ou a través do correo ordinario dirixido ao Concello de Vilamartín. Na mesa páxina están as bases que rexirán o premio de poesía. O Proxecto anima aos participantes a utilizar os medios electrónicos, xa que xeran menos residuos e gasto en papel.

 

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng