A Feira do Libro do Barco, os días 27 e 28 con moitas actividades

24.04.19 13:05

Os días 27 e 28 celébrase a Feira do Libro do Barco con casetas de librarías e asociacións e moitas actividades para a veciñanza.

As actividades que se desenvolverán con motivo da Feira do Libro son a seguintes:

 

Sábado 27 de abril:

 

13:00 horas.- Presentación da Colección OF de fotografía da editorial difusora coordinada polo barquense Víctor Nieves.

 

17:00 horas.- Obradoiro dirixido a pais, nais e adultos que queiran mellorar as súas capacidades como contacontos.

 

17:00 horas.- Contacontos da man de Peludines no que aprender como coidar ás nosas mascotas.

 

Domingo:

 

13:30 horas.- Presentación do poemario Detéxtonos de Xabier Xil Xardón nun espectáculo musical no que o acompaña Leo i Arremecaghona.

 

17:00 horas.- Contacontos Perruno, para nenos de entre 1 e 6 anos.

 

Todas as actividades serán na recinto ferial agás o obradoiro “Aprendemos a Contar” que se levará a cabo no 4º andar do Edificio da Biblioteca P.M Florencio Delgado Gurriarán.

 

 

Finalmente, nos stands da feira estarán as seguintes librarías e asociacións:

 

Libraría Celia (Quiroga)

Libraría Lipor (A Rúa)

Libraría Murciego

Libro Antigo e de Colección David

Libraría Praxis

Asociación Vagalume

Patrulla Felina

Ateneo Republicano

Instituto de Estudios Valdeorreses

Cineclube Groucho Marx.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng