Ábrese en Allariz a exposición de Díaz Ferrer "Crónica de Maio. París 1968"

22.02.19 10:45

A Fundación Vicente Risco acolle desde hoxe, na súa sede de Allariz, a exposición de pinturas de Jesús Díaz Ferrer que produciu o Concello do Barco o ano pasado, co gallo do 50 aniversario dos acontecementos de Maio do 68 que o artista valdeorrés plasmou nos seus cadros.

A inauguración terá lugar hoxe venres ás 20h30 na casa museo do intelectual galeguista e á mesma asistirán a concelleira de Educación e Cultura, Margarida Pizcueta Barreiro e o curador da mostra Luis Enrique Rodríguez Arias.

O acto reviste un especial interese pola amizade que uniu a Díaz Ferrer e Vicente Risco, que foi quen presentou ao xoven pintor barquense na sociedade ourensá a través dunha exposición celebrada no Liceo de Ourense en 1945. A exposición permanecerá aberta ata o 31 de marzo, os sábados e domingos de 12 a 14 horas.

"Crónica de Maio. París 1068" de Jesús Díaz Ferrer (O Barco, 1922 - Concud. Teruel, 2017) está formada por 55 obras en papel e madeira, acrílicos e tintas augadas en cor e branco e negro, coas que o artista, que vivía naquela altura na capital francesa constrúe "unha reportaxe cargada de creatividade e á vez cheo de autenticidade e proximidade" en palabras do historiador da arte, Luís Enrique Rodríguez "Coquixo".

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng