A biblioteca pon en marcha a campaña de animación á lectura "Namórate lendo"

11.02.19 13:59

Ata o día 28 de febreiro desenrolase na Biblioteca Municipal do Barco unha campaña de animación á lectura baixo o lema "Namórate lendo", con libros e películas románticas á disposición de todos os usuarios.

Nesta campaña de animación á lectura, a biblioteca fai unha selección de libros sobre un tema determinado, neste caso "NAMÓRATE LENDO" (aproveitando estas datas), facilitandolle ó usuario o acceso a este tipo de material bibliográfico.

Hai novela romántica para adultos e xuvenil en galego e castelan, para ler na biblitoeca ou levar en préstamo, e tamén temos películas románticas que se poden levar en préstamo,

Tanto a selección de novelas (mellores novelas románticas de todos os tempos) como das películas están no expositor, a entrada da biblioteca. A campaña desenrólase entre hoxe, 11 de febreiro, e o día 28.

 

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng