Sete grupos nos Cantos de Taberna da Festa do Botelo

17.01.19 10:53

Sete grupos de canto e música tradicional participarán na IV edición da Foliada e Cantos de Taberna que terá lugar este sábado co gallo da XIX Festa do Botelo do Barco.

Trátase dos Corenta e Chinco Boys e Os Somontanos da Pobra do Brollón, Os Palletas de Quiroga, Os Tabernícolas de Viana do Bolo, Foliada de Bosende, da aldea do mesmo nome preto de Lugo, Os do Venres que veñen de Madrid e dos que forman parte os irmáns Eceiza Rodríguez de orixe valdeorresa e, finalmente, Os Parrandas do Barco e da comarca.

A partir das 13h30, ao finalizar o pregón no Teatro Lauro Olmo, todos eles farán un percorrido musical ata o Pavillón onde tamén animarán o xantar e a sobremesa. Logo pola tarde, a partir das 19 horas, serán propiamente os cantos de taberna polos nove locais incluídos na ruta: A Fábrica, Divino Paseo, A Pampa, Bajo 5, Al Natural, Veira Sil, O Buraco, San Mauro e Chanfainas.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng