O Concello celebra o Samaín cun obradoiro de decoración e a Noite de Medo na Biblioteca

20.10.17 11:54

O Concello do Barco celebrará de novo na biblioteca municipal as actividades programadas para o Samaín, dirixidas especialmente aos nenos do municipio. Este ano, o programa centrase na tradición galega do outono, na que hai relación e vinculación entre o Samaín e o Magosto.

As actividades comezarán os días 28 e 29 deste mes, cun Obradoiro de decoracións para o Samaín, que se desenvolverá na Ludoteca na sesión do sábado, e na Biblioteca o domingo, en ambos casos entre as 11:30 e as 13:00 horas. Contase con 30 prazas e a inscrición deberá entregarse na Biblioteca antes do venres 27.

A Noite de Medo na Biblioteca, actividade que tivo gran éxito o ano pasado, ven nesta edición con novidades. Celebrarase na tarde do 31 de outubro a partir das 19:00 e haberá concurso de disfraces, conta contos e un obradoiro de cociña de medo, no que os nenos e nenas aprenderán a preparar uns pratos deliciosos pero que darán moito medo e que formarán logo parte do menú da cea. Para participar nesta parte da festa, no obradoiro e na cea, será tamén necesaria a inscrición previa na biblioteca antes do 27 de outubro.

Outras das actividades previstas está destinada aos alumnos dos colexios do municipio: porase en marcha unha exposición cos rapaces de 6º de primaria, na que se fará un percorrido polos personaxes de medo que a tradición galega garda no seu imaxinario. Esta exposición colocarase na Biblioteca, xa no mes de novembro, para que todos os alumnos dos centros escolares e o público en xeral poidan coñecer o traballo realizado polos nenos.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng