Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

acquisto viagra

online in Italia.

Concello do Barco : Aberto o prazo para a inscrición para o examen da Certificación Galega de Competencias Dixitais No Barco o examen celebrarase na Aula Cemit o día 15 de novembro, e hai 15 prazas

Aberto o prazo para a inscrición para o examen da Certificación Galega de Competencias Dixitais No Barco o examen celebrarase na Aula Cemit o día 15 de novembro, e hai 15 prazas

06.10.17 15:00

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca mais de 600 prazas para obter a Certificación Galega en Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia o 3 de outubro, está aberta aos cidadáns en xeral que, pola súa experiencia ou pola formación adquirida por diferentes medios, xa posúen os coñecementos necesarios no manexo das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice, pero non teñen titulación.

As probas celebraránse os días 15, 16 e 17 de novembro, en diversas quendas de mañá e tarde, nas localidades con aula CeMIT, sumando un total de 637 prazas disponibles en toda Galicia. No caso do Barco, o examen será o 15 de novembro, as 10,00 da mañá na Aula Cemit (Edificio Multiusos, segundo andar), e hai en total 15 prazas.

A inscrición poderá realizarse a través de internet, sendo o único requisito o de ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da rede (https://cemit.xunta.gal).

Entre as persoas inscritas –no caso de que se superara o número de prazas convocadas- realizarase un sorteo alfabético para establecer a orde de prelación para poder efectuar a matrícula para as probas en cada quenda.

Para obter o CODIX é preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:

• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico

• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base

• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress

• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.

• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc

Os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas recollidas na Guía de boas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación dentro da plataforma de teleformación da rede CeMIT cemit.xunta.gal/ema, na que se poden consultar tanto os contidos específicos dos diversos módulos que compeñen o CODIX como casos prácticos e test de exemplo.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng