Prazo para inscribirse no curso de instalación de mobles organizado polo Concello do Barco

07.09.17 09:30

O Concello do Barco de Valdeorras organiza un curso de instalación de mobles dirixido prioritariamente a persoas desempregadas anotadas na Oficina de Emprego. Trátase dunha acción formativa subvencionada pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

O curso é totalmente gratuíto para o alumnado, conta con prazas para un máximo de 15 participantes, e terá unha duración de 568 horas.Os interesados en participar neste curso deberán estar en posesión da ESO, estudos superiores ou ter as competencias clave de nivel 2 de matemáticas, galego e lingua castelá. As persoas que queiran participar no curso poden acudir para recibir información ao Concello Vello, planta baixa. A selección de alumnado realizarse o día 20, e está previsto que o curso, que ten un certificado de profesionalidade de nivel 2, se inicie a primeiros de outubro. As clases impartiranse de luns a venres, de 15:30 a 20:30 horas.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng