CURSO DE FORMACIÓN DIRIXIDO PRIORITARIAMENTE PARA PERSOAS DESEMPREGADAS (CURSOS AFD)

30.08.17 12:15

ACCIÓN FORMATIVA DIRIXIDA PRIORITARIAMENTE PARA PERSOAS DESEMPREGADAS (CURSOS AFD)

*Centro Ofertante: Concello do Barco de Valdeorras

*Denominación do curso: Instalación de mobles (Certificado de profesionalidade de nivel 2)

Trátase dun curso totalmente gratuíto, dirixido prioritariamente para persoas desempregadas, apuntadas na Oficina de Emprego, estando subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria (Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral)..

*O número de prazas para o alumnado son limitadas (máximo 15 persoas)

*Duración do curso: 568 h, que se impartirá de luns a venres de 15:30 a 20:30 h.

*Requisitos de acceso do alumnado : estar en posesión da ESO, estudos superiores, ou estar en posesión das competencias clave de nivel 2 de matemáticas, galego e lingua castelá.

As persoas que estean interesadas en realiza-lo curso poden acudir ó Concello Vello do Barco (Praza do Concello, 1), onde se lles facilitará todo tipo de información ó respecto.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng