X Marcha Nocturna “Os Mouchos”, este venres

03.08.17 13:45

O Barco celebra este venres, 4 de agosto, a décima edición da Marcha nocturna “Os Mouchos”, organizada polo Club Peña Trevinca e a Concellaría de Deportes e Xuventude do Concello do Barco.

A marcha dará comenzo ás 23,00 horas, ten un percorrido de aproximadamente 10 quilómetros, e a inscrición, totalmente de balde, é obrigatoria e debe facerse na páxina web do clube Peña Trevinca, no seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/1N_oCICRgXEMuHCpVJ4Ne3GeXNV8zZVUDTkztkZRwPOk/viewform?usp=drive_web&edit_requested=true

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng