Campaña de concienciación para que os donos dos cans retiren os excrementos caninos

19.04.17 14:25

Dentro da Campaña de reciclaxe 2017, o concello do Barco puxo en marcha unha nova campaña de concienciación en colaboración cos centros de ensino, que ten como obxectivo solucionar uns dos problemas máis comúns nas nosas rúas e xardíns: a presenza de excrementos caninos. Esta iniciativa consiste na colocación de globos por parte dos escolares de Educación Primaria do Barco (de 1º a 4º curso) con un slogan rechamante –que eles mesmos escollerán–, naquelas zonas onde se atope un excremento. Con isto preténdese mostrar aos cidadáns a magnitude do problema.

Divídese en dúas fases:

-Fase 1 (do 18/04/2017 ao 24/04/2017). Elección do slogan que irá impreso nos globos. Cada colexio poderá presentar catro frases (enviándoas ao correo medioambiente@concellodobarco.org ou vía telefónica chamando ao 988 320202 extensión 1172).

-Fase 2. Saída dos escolares para a colocación de globos en xardíns e beirarrúas. Realizarase no mes de maio, con saídas por parte de todos os centros escolares de primaria.

Esta mesma campaña se estende tamén as emisoras de radio existentes na localidade (Onda Cero e Cope Valdeorras), que realizarán actividades cos nenos para pedirlles a súa participación para a elección da frase que se imprimirá nos globos. A presentación de propostas poderá realizarse tanto chamando ás radios, como nos espazos que ambos medios de comunicación puideran abrir nas rúas redes sociais. As propostas que se presenten nas radios serán comunicadas ao Concello unha vez rematado o prazo establecido para esta fase.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng