dd Concello do Barco : A Festa das Letras, musical e literaria, o 17 de maio na praza Maior

A Festa das Letras, musical e literaria, o 17 de maio na praza Maior

07.05.15 09:20

O 17 de maio, Dia das Letras Galegas, O Barco celebra o dia grande da nosa cultura coa Festa das Letras, un acto de exaltación do galego, da lingua falada, escrita e cantada. Será na Praza Maior a partir das 19h30.

O domingo 17M a Festa das Letras reunirá rapsodos de Gargallada Teatro, que ofrecerán unha escolma de textos literarios; alumnos e alumnas da Escola de Música do Barco formando un grupo de música galega; pandeireteiras da agrupación Abertal da Rúa, con cantares populares da cultura agraria; o grupo de música folk Tornaxeira, que asenta os seus alicerces na tradición musical galega tanto en composicións propias como recollidas; o cantante Sito, que ofrecerá versións de cancións de Amancio Prada, Luis Emilio Batallán, Andrés do Barro ou Benedicto. Será, en definitiva un percorrido literario e musical polos eidos da nosa lingua para festexar o seu Día.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng