Esta fin de semana mercado medieval e festa rural en Tremiñá

08.07.16 15:00

O sábado 9 e o domingo 10 de xullo celébrase no lugar de Tremiñá, parroquia de Veigamuíños, a décimo terceira edición do seu Mercado medieval, unha festa para a exaltación dos vellos oficios e dos labores do campo que organiza a Asociación de Mulleres Rurais coa axuda do Concello do Barco.

As rúas de Tremiñá encheranse, un ano máis, de postos de produtos tradicionais e artesáns desde as 18h do sábado ata o domingo ao rematar o día. Obradoiro de cerámica, demostracións de oficios tradicionais, xogo dos bolos, danza medieval, xogos para nenos, música enxebre e ata un concurso literario animarán aos asistentes de todas as idades, que acuden por centos a esta festa e feira que ten un dos momentos máis agardados na malla e criba, que realizan as xentes do lugar o domingo das 20h30 en diante.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng