Cesteando abre os documentais arredor do rural no De Perto

01.07.16 13:40

O martes 5 de xullo ás 20h30 na Sala Julián Trincado da Casa Grande de Viloira (entrada polo xardín) terá lugar a proxección de Cesteando, un filme de Plácido Romero que é o primeiro dos tres que, arredor do mundo rural, inclúe o ciclo De Perto na súa programación.

O documental, que será presentado polo cineasta e xornalista Aser Álvarez, ten como escenarios Lobeira, Medeiros, Nigueiroá, Matusiños, A Merca, A Coruña e Santalla de Oscos e documenta a traxectoria vital de Toño do Val (ou Toño Cesteiro) deseñada por el mesmo, non so como traballador, creador, estudioso e extraordinario coleccionista da cestería, senón cesteando e entrelazando, con perseverancia e valentía, moi diferentes vivencias, loitas, inquietudes e traballos.

Deste xeito, conformou unha existencia presidida por principios, para el incuestionables, como a rebeldía, a liberdade e o profundo amor pola súa terra. Cesteando e tecendo saberes e reflexións, nun contexto adverso, convertiuse nunha especie de atípico heroe, protexido e amparado pola natureza e único dono do seu propio destino.

No acto estarán tamén o protagonista e o director que se pretarán a un coloquio cos asistentes.

O martes seguinte, 12 de xullo (20h30) presentarase Os días afogados de César Souto e Luis Avilés, premio Mestre Mateo ao Mellor documental. O último dos tres documentais programados é A Seara de Pepe Coira, será o martes 19 de xullo á mesma hora, sempre na Casa Grande de viloira (Sala Julián Trincado) con entrada libre ata completar aforo

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng