Concerto do Orfeón Valdeorrés na igrexa de San Xoán de Éntoma

28.06.16 13:00

Éntoma acollerá este venres, 1 de xullo ás 20h30, un concerto do Orfeón Valdeorrés. Será na igrexa parroquial de San Xoán e está incluído dentro da programación do ciclo De Perto, espazos de cultura no Barco.

O Orfeón Valdeorrés foi creado en 1979, actualmente está didirxido por José Ramón Mansilla. O pasado 15 de maio foi galardoado no IV Certame de Música Coral Vila de Arbo co 2º premio e o premio á mellor interpretación pola obra do concurso “San Campio”, balada galega con música de Torres Creo e harmonización de José Iglesias Ramilo.

A igrexa de San Xoán de Éntoma pertencía a Encomenda de Quiroga que exercía a administración nestas terras da Orde de San Xoán de Xerusalén, razón pola que loce nunha das súas portas laterais a cruz desta Orde, que figura no escudo do Concello. A igrexa é de feitura barroca e está construída en mampostería con pedra vermella nas súas partes nobres.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng