Queredes formar parte da comitiva dos Reis Magos?

26.12.17 14:02

Ábrese un prazo para poder inscribir nenos e nenas ou adultos que queiran tomar parte na comitiva dos Reis Magos, durante a cabalgata que percorrerá as rúas do Barco o próximo 5 de xaneiro ás 18 horas.

Os interesados deberán facela inscrición no servizo municipal de Cultura (Teatro Lauro Olmo, 1º andar) desde hoxe 26 ata o 29 de decembro, das 9 ás 14 horas. Admitiranse 30 nenos e 10 de reserva, de idades comprendidas entre os 5 e os 10 anos. Outro grupo estará formado por 40 persoas adultas ou nenos e xoves entre 11 e 17 anos. En todos os casos será respectada a orde de inscrición e os menores deberán ser autorizados por escrito polos seus pais ou titores.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng