Este venres Voaxa e Carmín dálle voz ás célebres Marías de Compostela

11.12.17 13:33

Voaxa e Carmín é un dos éxitos teatrais da temporada, Mabel Rivera e Belén Constenla métense no papel das irmás Maruxa e Coralia Fandiño Ricard nunha produción de Butaca Zero e Emedous. O venres 15 de decembro ás 21 horas no TLO

Maruxa e Coralia saen da casa, como cada día, maquilladas ate a extenuación e vestidas a toda cor dispostas a dar o seu habitual paseo das dúas polas rúas de Compostela. Pasear, saudar, mercar Sansón e galletas María, piropear aos mozos, insultar ás mozas…

Todo parece transcorrer sen cambio algún. Porén, hoxe non vai ser un día coma os outros: Coralia empurra a Maruxa a escapar das súas rutinas, tentando cumprir os seus soños. Arrancará así unha viaxe que abrirá feridas de guerra que volverán doer coma o primeiro día.

Voaxa e Carmín (10º premio Abrente de Textos Tetrais 2015 MIT Ribadavia) é unha comedia terrorífica que da voz a Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, coñecidas como As Marías de Santiago de Compostela. Son moitas as persoas que día a día se fotografan coa estatua que as representa no paseo da Alameda, mais……saben todos eles a crúa historia que hai detrás delas?. Voaxa e Carmín nace para lles dar voz a estas estatuas silenciadas.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng