Este venres Sarabela presenta ‘Pequenas certezas’ de Bárbara Colio

20.04.15 13:00

A peza está dirixida por Ánxeles Cuña e interpretada por Fernando Dacosta, Elena Seijo, Nate Borrajo, Sabela Gago e Fina Calleja. O venres 21 de abril ás 21 horas. Entradas á venda (5 euros) desde unha hora antes na billeteira do Teatro.

A obra escrita pola mexicana Bárbara Colio, Premio Internacional María Teresa León para Autoras Dramáticas en 2004 e apoiada polo fondo Iberescena de Creación Dramática 2011, é presentada como “unha historia de cruzamentos, suspense e humor”. A trama explora a situación que se crea coa presenza de alguén a través da súa ausencia: Mario desaparece e, na súa busca, familiares e amigos atopan que as versións de cada un deles en torno á mesma persoa son distintas e ás veces contrapostas.

Xusto ao día seguinte da súa representación no Barco, o sábado 25 de abril, Sarabela presentará "Pequenas certezas" no auditorio Almeida Garrret do Porto, formando parte do programa do XXXIV Festival Internacional de Teatro desta cidade portuguesa.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng