Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : Conferencia do presidente da RAG convidado polo periódico O Sil

Conferencia do presidente da RAG convidado polo periódico O Sil

10.12.14 09:11

Este venres, 12 de decembro, ás 20 horas no Multiusos terá lugar unha conferencia de Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega, sobre "Catro escritores vencellados ás terras do Ourense oriental", un acto organizado polo periódico O Sil que conta coa colaboración do concello do Barco.

O título completo da disertación do profesor Alonso Montero é “Catro escritores vencellados ás terras do Ourense oriental: Florencio Delgado Gurriarán, espada satírica valdeorresa contra Franco; o gramático cego de Viana do Bolo Manuel Rodríguez Rodríguez; Laureano Prieto, colector dos contos vianeses da tradición oral, e o pontevedrés Valentín Paz Andrade, cantor da Serra de Queixa onde estivo desterrado”.

Nado en Vigo o 28 de novembro de 1928, Xesús Alonso Montero é filólogo e historiador da literatura galega. Licenciouse en Filosofía e Letras (especialidade de Filoloxía Románica) na Universidade Central de Madrid no ano 1953. Tres anos despois converteuse en Catedrático de Lingua e Literatura Españolas de Escolas de Maxisterio e, en 1959, seríao de Instituto. Doutorouse en Filoloxía Románica na Universidade de Salamanca coa tese Lengua y estilo de Curros Enríquez en su poesía gallega, no ano 1966. Transcorridos oito anos, converteuse en profesor titular de Literatura Española na USC (Colexio Universitario de Vigo) e, en 1989, de Literatura Galega. Chegou a ser, no ano 1991, Catedrático de Literatura Galega e, en 1999, Catedrático emérito da mesma Universidade. Recentemente, no ano 2010, foi nomeado Doutor honoris causa da UNED, á que presentou o discurso “Cómo cantaron e contaron a Miguel Hernández os poetas galegos nos anos do franquismo”. A súa obra abrangue distintas perspectivas da lingua, da historia e da literatura. Alonso Montero ingresaba o 30 de outubro de 1993 na RAG e na primavera do 2013 asumía o cargo de presidente desta institución.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng