Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : "Coma silvas que comen muros" mostra fotográfica de Iván Merayo

"Coma silvas que comen muros" mostra fotográfica de Iván Merayo

09.12.14 12:20

Este xoves 11 de decembro ás 19h30 no Teatro Lauro Olmo terá lugar a apertura da exposición "Coma silvas que comen muros" de Iván Merayo. Trátase dun interesante relato gráfico sobre a memoria e a represión arredor do fusilamento do ferroviario Manuel Pérez Goyanes acontecido na cidade de Monforte en outubro de 1941. Estará aberta ata o día 7 de xaneiro de 2015.

O punto de partida

O tres de outubro de mil novecentos corenta e un, ás dez da mañá, o campo do Freixo era un fervedoiro de persoas. Ducias de homes e mulleres agrupábanse ás beiras da vía do ferrocarril para contemplar o espectáculo e convertérense así en testemuñas da historia.

Manuel Pérez Goyanes era un factor da compañía Ferrocarriles del Norte, de corenta anos de idade. Accidentalmente dirixiu un tren de mercancías cara unha vía ocupada, provocando o choque do convoi. O accidente fortuíto saldouse cuns estragos valorados en dezasete mil pesetas da época e ningún morto nin ferido. Mais a frustración franquista, chea de desconfianzas e pantasmas, e alimentada por intereses particulares, quixo ver en Manuel un sabotador da resistencia á ditadura. O ferroviario foi convertido no bode expiatorio co que demostrar a dureza dun réxime ilexítimo. Un tribunal militar xulgouno por sabotaxe. Foi condenado a morte e fusilado.

O campo do Freixo é hoxe un lameiro frío e húmido partido en dúas metades pola estrada N-120. A sensación que produce é de abandono. Unha mestura de soidade e tristeza, reforzada polas silvas que comen os muros e se multiplican polas beiras da pista que o percorre. Se cadra a impresión que transmite non é máis que a propia do desuso, do abandono das terras e dun xeito de vida. Ou se cadra, é porque neste lugar consumouse a derradeira execución pública do fascismo na vila de Monforte de Lemos.

Velaquí o retratado; o lugar de partida deste traballo. Esta serie de fotografías pretenden rescatar unha historia, como tantas, silenciada. Convertela nunha historia recuperada. Un relato destinado tanto a quen queira coñecelo como a quen non queira esquecelo. Unha lembranza imposíbel de setenta e dous anos atrás.

As Fotografías

A exposición está composta por trece imaxes panorámicas que parten dun campo desenfocado, da dificultade para pousar a mirada. Conxecturas dos derradeiros cheiros, do frío do condenado a morte. Instantáneas posíbeis dunha última ollada; da visión atropelada de alguén obrigado a se despedir ás présas. Lembranzas dunha norte indigna. Apenas ferruxe e confusión. No medio da confusión, uns pequenos puntos enfocados, a constatación da morte. E, como pano de fondo, un entorno decadente ciscado de malas herbas. A vexetación, como a vida dunha persoa, pode ás veces chegar a ser indesexábel para algunha xente. Como a maleza.

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng