Este domingo Festa do Botelo na Coruña

19.02.14 11:11

O concello do Barco ten decidido promocionar o produto rei da gastronomía local fóra dos lindeiros comarcais. O botelo farase presente este domingo, 23 de febreiro, na Coruña cun xantar de exaltación ao que se espera unha nutrida concorrencia.

Desde o Monte de San Pedro e outeando o azul inmenso do oceano, o botelo falaralle á Torre de Hércules da tribu dos guigurri, levando á cidade atlántica aromas e sabores profundos de matanza, a horta e os bacelos da Terra de Valdeorras.

Un grupo de barquenses residentes na Coruña están sendo os encargados de xestionar esta Festa do Botelo, que conta co respaldo do Concello do Barco. A partir das 14 horas no Restaurante Mirador servirase un menú con empanada de maravallas, sopa de cocido, botelo e chourizos con cachelos e repolo, bica e torta de roxóns, con viños da D.O. Valdeorras, branco (Godeval) e tinto (Valdouro), café e augardente. O prezo é de 25 euros e as reservas poden facerse chamando ao número 981100823.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng