"C´est la vie" de Matrioshka Teatro este venres no TLO
Comeza a temporada teatral no Teatro Lauro Olmo con "C´est la vie" un espectáculo de Matrioshka Teatro que propón unha reflexión intensa e caleidoscópica sobre o tempo e os seus rastros. O venres 21 de febreiro ás 21h. Entrada 5 euros.
Pensada para espectadores a partir dos 14 anos de idade, a montaxe aborda o paso do tempo desde puntos de vista inauditos e sorprendentes, que van desde ese segundo que pode cambiar unha vida ao movemento acompasado entre o paso das horas e o corazón.
"C´est la vie" está dirixida por Marta Pazos e interpretada por Anabell Gago, Lorena Conde e Chelo do Rejo, ten unha duración de 60 minutos.