O Barco participa na Feira Xantar

07.02.14 13:10

O Barco participa en Xantar cun restaurante e un stand

O Barco participa na Feira Xantar, que se celebra ata o domingo 9 de Febreiro en Ourense, cun restaurante no se ofrece, como prato estrela, un menú co botelo de O Barco como protagonista. No mesmo recinto contase cun stand no que se ofrece información sobre os atractivos turísticos do Barco, co Camiño de Inverno como protagonista principal.

Na organización de Xantar participan o Concello do Barco e o Centro Comercial Aberto. O domingo 9 celébrase o Día do Barco, e un autobús trasladará a Xantar a veciños do Barco, que poderán coñecer a Feira, almorzar no restaurante barquense, e ver a entrega do premio que recibirá o Concello do Barco ca organización de Xantar, polo seu decidido apoio á promoción do Botelo como produto gastronómico de excelencia.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng