DailyCBD DailyCBD DailyCBD DailyCBD

Concello do Barco : Fauna alada de Galicia, mostra didáctica no Centro Comarcal

Fauna alada de Galicia, mostra didáctica no Centro Comarcal

29.09.09 08:54

É unha exposición itinerante da Obra Social Caixa Galicia e poderá verse no Centro Comarcal de Valdeorras – Casa de Rio Cigüeño desde o día 1 ao 27 de outubro. Os horarios de visita: de 10 a 14 e de 17 a 20 h. de luns a venres, os sábados de 11 a 14 h.

As fotografías están tomadas en espazos naturais protexidos de Galicia como a Lagoa de Valdoviño, o cabo de Estaca de Bares, o Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo, as lagoas de Carregal e Vixán ou a Lagoa de Baldaio.

A través do percorrido polas 30 fotografías que compoñen a exposición, preténdese facer reflexionar ao participante da necesidade de coñecer e preservar os animais que nela se presentan así como os medios naturais onde habitan. Cada fotografía achégase dunha breve lenda acerca do insecto, ave ou morcego fotografado, o seu comportamento e conservación. Ademais a exposición inclúe catro paneis que detallan de modo sinxelo e ameno o voo da fauna alada de Galicia.

Poden concertarse visitas guiadas de grupos escolares chamando ao 981188340. Os alumnos recibirán durante a visita unha unidade didáctica que ten como obxectivo afianzar os coñecementos adquiridos na visita á exposición.

SMC

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng