Christian Escuredo presenta Cautivo no TLO

18.09.09 11:28

Este sábado a partir das nove da noite no Teatro Lauro Olmo do Barco terá lugar a presentación de Cautivo, o segundo disco de Christian Escuredo, músico e actor barquense, que saltou a fama a través do programa Luar da TVG e que ten participado en varias montaxes teatrais.

Logo de vender máis de 4.000 copias con Inesperadamente [Zouma Records 2004] e ser galardoado como Disco de Ouro en Galicia, Christian Escuredo atrévese con outro traballo discográfico, Cautivo [Quela Records Open Records España 2009].

Producido por Félix Cebreiro, o disco é  unha aposta valente, decidida e arriscada pero avalada pola traxectoria musical e profesional de Christian. A segunda entrega musical do intérprete convértese nun produto que crea un espazo propio no panorama musical e que enriquece a oferta do pop.

Christian Escuredo é un artista xa maduro na interpretación musical e escénica. Os seus rexistros de voz e a versatilidade na execución dos temas convérteno nun reclamo ineludible para os fans da música máis ecléctica. Cautivo agrupa un total de 11 temas inéditos que abarcan desde o pop rock, á balada.  

SMC

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng