DailyCBD DailyCBD DailyCBD DailyCBD

Concello do Barco : Marcos Paradelo, un barquense no eurofestival Liet Lavlut

Marcos Paradelo, un barquense no eurofestival Liet Lavlut

10.10.08 09:39

O músico barquense Marcos Paradelo, como baixista do grupo Boy Elliott and The Plastic Bags, participará en representación de Galicia no Liet Lavlut, o eurofestival da canción en línguas minorizadas, que celebra a súa sexta edición o próximo 18 de outubro en Luleå, a capital da Laponia sueca.

Liet Lavlut recibe ultimamente o sobrenome de "Eurovisión das linguas minoritarias", nel participan línguas europeas, como o sámi, o vótico, o friuliano, o occitano ou o gaélico. Da península ibérica teñen concursado o eusquera e o galego, antes de 2004 tambien estivo o catalán (vencendo en 2002 co grupo Pomada). Este ano terá presenza tamén o asturiano.

O ano pasado (primeiro que se facía fóra de Frisia) participaron no Liet Lavlut os idiomas Sámi, Meänkieli, Éuscaro, Vótico, Frisio, Friuliano, Gaélico Manx, Gaélico, Galego, Romaní chib e Occitano, e foi retransmitido por diversos canles, como a SVT2, a ETB ou a BBC Radio, que retransmitiu para USA. Deste modo, o festival tivo unha audiencia de 300 millóns . Os gañadores foron os propios sámis, con Johan Kitti e Ellen Sara Bähr e a súa canción "Lundiin Moitalan", seguido do galego Narf, coa canción "Santiago" e dos Romanís "Karavan Familia", que ademais debutaban ese ano.

Boy Elliott and The Plastic Bags é o novo proxecto musical de Daniel Alonso, un prolífico músico ferrolán que participou en bandas como os Blood Filloas, cos que chegou a telonear a grupos do talle de The Posies, White Flag ou DM3, ademais de gravar un disco e de participar nas bandas sonoras de diferentes programas de televisión como Xabarín Club na TVG ou en películas como “Killer Barbies” de Jesús Franco, ou máis recentemente colaborando como músico e compositor co interesante grupo de pop Quant. Afincado na cidade de Ourense e tras varios anos madurando cancións e actuando en solitario, Boy Elliott únese aos Plastic Bags, Marcos (Annie Hall) e Gus, con eles compuxeron este Planeta 19 co que gañaron a edición 2008 do A polo gith, concurso posto en marcha pola Radio Galega e Vieiros para escoller a canción galega do verán.

"Planeta 19" é a particular homenaxe dos Boy Elliot ... á emigración. Isto é o que dí a súa letra: "Mira Cousiña isto é así,/ E os dous sabemos que non é normal/ Non podes empezar, non podes aturar/ Non podo entender porque a ti e a min/ Non nos deixan xogar/Xa empezamos a bailar,/ Dende moi cedo bate o mar/ E hoxe sae o sol, as sombras xa se van / Xa podo entender por que a ti e a min / Non nos deixaban soñar/ Din que a mais de mil anos luz / Hai un planeta para os dous/ E temos que chegar, e temos que voar/ Hoxe hai que sair vai puír as estrelas/ Unha nave espacial ".

Boy Elliott and the Plastic Bags son Plastic Gus (batería), o noso paisano Marcos Bag (baixo), Boy Elliott (guitarra e voz), Miss Lucre (coros), Diego Pigmalion (guitarra).

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng