Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : O Eixo Atlántico presenta no Barco a Axenda Estratéxica de Galicia Interior

O Eixo Atlántico presenta no Barco a Axenda Estratéxica de Galicia Interior

08.07.10 08:47

O martes 6 de xullo presentouse no Concello do Barco a Axenda Estratéxica Galicia Interior que, baixo o título “Camiños de Innovación”, recolle os traballos realizados durante varios meses por un grupo de expertos do Eixo, técnicos dos concellos involucrados e membros de asociacións empresarais e axentes sociais das localidades participantes.

Momento da presentación da Axenda no Barco

Momento da presentación da Axenda no Barco

Nesta Axenda participan, ademáis do Eixo Atlántico, os concellos de O Barco, Sarriá e Monforte de Lemos.

A “Axenda Estratéxica Galicia Interior. Camiños de Innovación”, da continuidade a un ciclo de proxectos de análise estratéxica que o Eixo Atlántico comezou anos atrás coa definición da súa propia Axenda Estratéxica, continuou coa da Eurociudade Verín-Chaves e coa Asociación Galicia Central, e que ten percorrido co estudo que sobre os tres concellos do interior galego, acaba de ser publicado.

O obxectivo fundamental da Axenda Estratéxica é o de organizar as prioridades que os concellos de Sarria, O Barco e Monforte desexan acometer como retos crave para os seus territorios nos próximos anos. Desta forma, a Axenda Estratéxica serve para apoiar e xustificar a toma de decisións dos concellos en materias como o desenvolvemento sustentable, a enerxía, o turismo, o desenvolvemento económico ou a xestión de servizos locais; sempre baixo a óptica da cooperación local e coa participación directa doutros niveis de goberno, como o da Xunta de Galicia ou da Unión Europea, a través dos seus respectivos fondos e programas.

Por outro lado, o Eixo Atlántico lidera a candidatura europea “Eixo Interior”, na que está involucrado o Concello do Barco, con proxectos concretos que contan con presuposto de 1,5 millóns de euros –dos que aproximadamente 300.000 corresponden ao Barco-. Os proxectos –nos que participan os concellos de O Barco de Valdeorras e Sárria, a Cámara Municipal de Barcelos, o propio Eixo e a Deputación Provincial. O proxecto pon en marcha unha estratexia de desenrolo común baseada nas áreas de productos tradicionais, mercados e artesanía, e antiguidades e restauración, coa creación de estructuras permanentes de cooperación, incentivando a presencia de empresas implicadas en promocionar de xeito conxunto os seus productos. A candidatura quedará resolta no segundo semestre do ano.

No caso concreto do Barco, poráse en marcha un Centro Promocional de Productos Tradicionais da eurorregión, que terá como misión fundamental a promoción e difusión de todo tipo de productos tradicionais, cunha importante labor de márketing dos productos de excelencia.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng