Voadora presenta Calypso este venres no TLO

16.10.17 09:59

En Calypso Voadora pon en escena a fin dun sistema, das relacións tal e como as entendiamos ata o momento, da intimidade ou da arte, fronte á perspectiva dun abismo descoñecido ao que a sociedade se asoma con curiosidade. Este venres 20 de outubro ás 21h no TLO.

Escrito por Fernando Epelde, dirixido por Marta Pazos e interpretado por Hugo Torres, Marta Pazos e Jose Díaz, Calypso é na mitoloxía grega "a que oculta". Filla de Atlas, Calypso estaba desterrada nunha illa. Cando Ulises naufraga, ela rescátao e durante sete anos constrúe para el un escenario edénico. Ofrécelle a mocidade e a inmortalidade pero Ulises non pode evitar regresar a casa con Penélope e a ninfa ao ser incapaz de retelo morre de pena.

"Este espectáculo nace da vontade de emprender unha viaxe moi seria sobre o ridículo. Nace tamén dun pacto, un xogo co dramaturgo Fernando Epelde e o equipo no que nos propuxemos investigar a fusión palabra/escena na sala de ensaios sen buscar un resultado. Cada vez que construiamos algo sólido, aristotélico destruiamolo para construír outra cousa nova coas mesmas pezas. Así a compañía e as premisas que se expuñan convertíannos nunha especie de Sísifos. Así xorden estes personaxes, estes R, G e B. como unha metáfora do individuo contemporáneo. Alguén que constrúe todo o tempo, que traballa todo o tempo, que vai con présa, que compra, que gasta, que traballa para comprar..." (Marta Pazos, directora)

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng