Hoxe dá comezo en Éntoma o VII ciclo De Perto

05.06.19 12:36

Cun concerto do Coro de Voces Brancas do Conservatorio comeza hoxe, ás 20h30, na igrexa de San Xoán de Éntoma o De Perto, o ciclo arredor da palabra, contada, rimada ou cantada que vai pola sétima edición.

Desde hoxe ata o 19 de xullo terán lugar once actos culturais de pequeno formato onde a palabra cobra o maior protagonismo en diversas expresións: canción, poesía, narración oral. O ciclo comeza con tres concertos de grupos locais noutras tantas igrexas do concello: O de hoxe en Éntoma a cargo do Coro de Voces Brancas, o deste venres 7 de xuño na igrexa do Mosteiro de Xagoaza co Ensemble de saxofóns, igual co coro integrado no Conservatorio e na Escola de Música do Barco, e o que terá lugar o venres 14 de xuño na igrexa de Santa María de Vilanova a cargo do Orfeón Valdeorrés. Os tres serán ás 20h30.

A poesía e a narración oral terán lugar no marco da Casa Grande de Viloira, sempre en horario de 20h30, no xardín ou na sala Julián Trincado, dependendo de como estea o tempo. O programa inclúe nomes destacados como a poeta Yolanda Castaño, o tamén poeta Lois Pérez, a romanceira zamorana internacionalmente recoñecida Victoria Gullón, o narrador camerunés Boniface Ofogo, o gaditano Momi Ogaña e o actor e contador galego Avelino González.

O grupo A Banda da Loba, que lle pon música a letras propias e de autoras contemporáneas e o cantautor brasileiro Fred Martíns, con concertos no Malecón(ao pé do río) e no castelo do Castro respectivamente, conforman o ambicioso programa deste sétimo De Perto que organiza o concello do Barco e que conta coa participación da Deputación de Ourense .

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng