dd Concello do Barco : O día primeiro de Maio no Barco celébranse Os Maios

O día primeiro de Maio no Barco celébranse Os Maios

08.04.19 11:41

Un ano máis volverán os Maios anunciar a primavera no Barco, na praza do Príncipe de Asturias soarán as coplas, que expresan o enxeño dos rapaces, xunto a música, o baile tradicional ou o teatro infantil entre postos de produtos artesanais nun ambiente de festa onde os maios, elaborados por centros escolares e asociacións, son os protagonistas.

A partir das 11h30 comezarán os actos coa apertura da Feira de produtos de alimentación e artesanía e a presentación dos maios, enxebres e artísticos, que tomarán parte no concurso. Para iso deberán inscribirse antes das 12 horas do 30 de abril nas oficinas de AEVA na praza do Concello. O Centro Comercial Aberto participa xunto co Concello do Barco na organización do evento.

Ás 12h30 haberá actuacións de música e baile tradicional. Polo escenario da praza do Príncipe pasarán os grupos Abertal da Rúa, con música, pandeireteiras e baile, e o grupo Aires del Cabrera de Pombriego que actuará no Barco por primeira vez, ofrecendo unha mostra do rico folclore da veciña comarca leonesa.

Ás 13h30 cantaranse as coplas e pola tarde (17h30) será a representación de teatro guiñol que ofrecerá Mircromina Títeres baixo o título de Vacacións no mar. Ás 19h30 daranse a coñecer os premios e finalizará a festa.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng