DailyCBD DailyCBD DailyCBD DailyCBD

Concello do Barco : Continúa o De Perto cun concerto do Orfeón na igrexa de Vilanova

Continúa o De Perto cun concerto do Orfeón na igrexa de Vilanova

13.06.19 11:07

O terceiro recital nas igrexas do sétimo ciclo De Perto terá lugar mañá venres 14 de xuño (20h30) na parroquial de Santa María de Vilanova e estará a cargo do Orfeón Valdeorrés. A masa coral que dirixe José Ramón Mansilla cantará temas de Guirao, Domínguez, Roig, Casielles, Franck, Bruchner, Saint-Saëns e Alfonso García, entre outros

A Corporación Municipal do Barco creou en 1979 o Orfeón Valdeorrés como resposta á iniciativa dun grupo de afeccionados ao conto da localidade. O seu primeiro director foi Luis Olano Arias e por el pasaron, en todos estes anos, numerosos homes e mulleres do Barco e da comarca que conformaron coas súas voces un referente da cultura do Barco e de toda a comarca.

O Orfeón Valdeorrés gravou dous discos e participou en numerosos concertos e festivais por toda España, ten realizado igualmente saídas puntuais a Portugal, Cidade do Vaticano, Francia e Italia.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng