Convocatoria de Cursos Celga da Xunta en O Barco

25.09.15 14:15

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, dentro do seu Plan Formativo para adultos, acaba de publicar a convocatoria dos cursos Celga para o ano 2015 (DOG nº 159, do 21 de Agosto de 2015), complementaria da ofrecida nas escolas oficiais de idiomas, e que se pode consultar no enderezo electrónico Abre un enlace externo en una nueva ventanawww.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150813/AnuncioG0164-040815-0004_gl.html.

Esta oferta formativa de cursos de lingua galega, preparatorios para a obtención dos certificados Celga, impartirase en diversos concellos de toda Galicia, e un dos destinatarios é o Concello do Barco de Valdeorras. Neste concello impartirase, sempre que se cumpran as condicións mínimas que establece a convocatoria, un curso preparatorio para a obtención do Celga 2. As clases terán lugar no IES Lauro Olmo, entre o 19 de Outubro e o 9 de Decembro, en horario de 19,30 a 21,30 horas, de luns a xoves e de 17,30 a 19,30 horas os venres.

O obxectivo desta actividade é garantirlle á poboación adulta o coñecemento e o dominio da nosa lingua e complementar a oferta formativa en entidades de poboación nas que centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria imparten formación para persoas adultas.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng