Conmemoración do 25 de novembro: DÍA INTERNACIONAL PARA A ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

25.11.14 12:30

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro: DÍA INTERNACIONAL PARA A ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, o Concello do Barco a través do seu Centro de Información á Muller ven de organizar unha actividade para o alumnados dos institutos de secundaria consistente na proxección dun documental e posterior debate.

O documental é unha visión de distintas xeracións de mulleres, sobre a transformación do papel da muller na nosa sociedade. “ Mujer(es)mujer” E unha producción de SocialDocs- Domingo Díaz e Gabriela Amor- coa dirección de Inés Pintor do ano 2013, que conta coa participación de dezanove mulleres falando de 6 grandes bloques temáticos:

Educación- laboral

Participación social-asociacionismo-toma de decisións-política

Rol de xénero- relacións co sexo oposto

Afectividade-sexualidade-maternidade

Cuidados persoais-ocio-moda-alimentación

Realización persoal- opinion vital-transmisión de valores

Preténdes dar unha visión das mulleres dende o punto de vista das mulleres, pero tamén quere amosar a creatividade de varias autoras- escritoras e fotógrafas-

O proxecto foi subvencionado polo Instituto de la Mujer.

Día: xoves 27 de novembro

Hora: 12:00

Lugar: Teatro Lauro Olmo

Participan: Alumnado e profesorado dos IES do Barco.

 

 Abre un enlace interno en la ventana actualVideo realizado polos estudantes do IES Martaguisela

 

       

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng