Comeza o ciclo De Perto no Parque da Cruz co Cuarteto de Saxofóns

27.06.13 09:03

O Cuarteto de Saxofóns do Barco será o encargado de abrir o ciclo "De Perto-Espazos de Cultura no Barco" este venres, 28 de xuño ás 20h30, no Parque da Cruz - Pinar do Pega (accesos pola rúa Juan Giral e polo Camiño da Cruz).

O Parque da Cruz é un espazo arqueolóxico no que se reflicten as actividades mineiras de extracción de ouro polo método de ruina montium, unha actividade moi estendida na nosa comarca nos tempos da romanización. É tamén un lugar de alto interése natural. Está aberto ao público desde 2009 e foi rehabilitado entre 2008 e 2009 a través dun obradoiro de emprego, tras ser cedido en propiedade ao concello do Barco logo dun convenio urbanístico.

O programa "De Perto-Espazos de cultura no Barco" quere poñer en valor os parques públicos e os referentes do patrimonio histórico local, a través deste ciclo cultural no que serán artistas e creadores de aquí os que ocuparán o escenario, para mostrar os seus últimos traballos ao tempo que se divulgan aspectos da historia da comarca.

O Cuarteto de Saxofóns do Barco está formado por alumnos e profesores da Escola de Música, dirixido por Manuel Prada. Compóñeno Carlos Raña González (saxo barítono), Jaime Díaz Paradelo (saxo tenor), Manuel Prada Ramos (saco soprano) e Adrián Cotado Rodríguez (saxo alto). Estarán acompañados polo pianista Miguel A. Forneiro. O concerto dará comezo ás 20h30 e a entrada é libre. Desde unha hora antes estará montada a exposición Lugares con historias que contar na que se contan historias e curiosidades sobre cada un dos sete espazos onde transcorre este festival.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng