MARATÓN DE LECTURA

15.05.13 11:30

Mañá día 16 de maio, víspera do Día das Letras Galegas, celebrarase un ano máis o XIII MARATÓN DE LECTURA organizado pola asociación Vagalume e na  que  colabora o Concello do Barco.

Nel participarán, coa lectura de obras literarias escritas en galego ou con creacións narrativas propias, as persoas interesadas así como os alumnos dos centros educativos de Primaria e Secundaria da vila.

Terá lugar ó aire libre  na Praza do Concello ou se chovera no pavillón vello, situado  a carón deste.

O horario será de 10:00h a 14:00h e de 15:00h a 17:00 horas.

Agardámosvos para facer entre todos e todas CULTURA.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng