O Dr. Carlos Calvo lerá o pregón da XIII Festa do Botelo

29.11.12 09:26

A XIII Festa do Botelo do Barco terá lugar o sábado 19 de xaneiro de 2013. Para ler o pregón foi convidado o médico, natural do Barco, Carlos Calvo Gómez ( director do Servizo de Medicina Interna do Hospital Clínico de Santiago de Compostela) nun acto a celebrar, a partir das 12h30 e previo ao xantar degustación , no salón de actos do IES Martaguisela.

Carlos Calvo nunha fotografía publicada o 8/3/2010 na edición dixital de El Correo Gallego.

Carlos Calvo nunha fotografía publicada o 8/3/2010 na edición dixital de El Correo Gallego.

Carlos Calvo Gómez licenciouse en Medicina e Cirurxía na USC en 1975. No Hospital Xeral de Galicia realizou a súa residencia en Medicina Interna. Doutorouse na USC con premio extraordinario. Logo de ser  xefe de residentes na área de Medicina e médico adxunto no Servizo de Medicina Interna, en 1992 vai ser nomeado xefe e director da Unidade de Hipertensión Arterial e Risco Vascular do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, cargo que continúa desempeñando na actualidade.

Desde 1985 é profesor asociado do Departamento de Medicina da USC. É secretario do Padroado da Fundación IDICHUS desde a súa fundación en 2002 e director do Instituto Galego de Medicina Vascular. Foi socio fundador e presidente da Sociedade Galega de Hipertensión e Viepresidente da Sociedad Española de Hipertensión e Liga Española para la lucha contra la Hipertensión Arterial.

O Dr. Calvo ten participado como relator e moderador en distintos congresos nacionais e internacionais e foi investigador principal en 96 proxectos de investigación clínica. Ten dirixido cinco teses de doutoramento sobre temas relacionados coa  hipertensión arterial e o risco vascular, presentando máis de catrocentas comunicacións en congresos e publicado cento dous traballos orixinais e revisións.

Actualmente desenvolve conxuntamente co Laboratorio de Bioenxeñería e Cronobioloxía da Universidade de Vigo, que dirixe o Dr. Ramón Hermida, tres proxectos de investigación clínica pioneiros a nivel nacional e internacional como son o “Estudio de la inercia clínica aplicada a la medicina vascular”, “Investigación en la monitorización ambulatoria de la presión arterial: ¿MAPA de 24 a 48 horas?” e “ la importancia de la cronobiología y de la cronoterapia en el campo de la medicina vascular”, que tiveron o recoñecemento da comunidade científica, a través de múltiples comunicacións en distintos foros e a publicación de máis de trinta artigos sobre estes temas nas máis prestixiosas revistas de hipertensión e rico vascular, nos últimos tres anos.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng