Arela abre un Centro de Día para Menores en O Barco

22.06.11 13:00

A Asociación ARELA ven de poñer en funcionamento en O Barco de Valdeorras un Centro de Atención de Día Integral, con capacidade para 10 nenos, nenas e adolescentes, que dará cobertura a toda a comarca de Valdeorras. Ao acto de inauguración, celebrado este mércores pola mañá, acudiu a secretaria seral de Familia e Benestar, Susana López Abella, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, o alcalde de O Barco de Valdeorras, Alfredo García, así como representantes da Comunidade Solidaria de Novacaixagalicia, MIL FUTUROS.

No Centro de Día atenderase a nenos, nenas e adolescentes que están a vivir unha situación de risco por diversos factores de carácter social, familiar, económicos,... O obxectivo é favorecer a desaparición destes factores. Para a consecución deste obxectivo traballarase integralmente co neno, nena e/ou adolescente e a súa familia, de xeito coordinado, con diferentes profesionais e recursos (servizos sociais de base, escola, recursos sanitarios,...)

Os nenos, nenas e adolescentes atendidos no Centro de Día ARELA serán derivados polo Servizo de Menores de Ourense da Consellería de Traballo e Benestar a proposta dos Servizos sociais de base dos Concellos que conforman a comarca de Valdeorras.

Para a posta en funcionamento deste servizo a Asociación ARELA acondicionou un local en O Barco de Valdeorras, totalmente accesible e que conta cun salón, ludoteca, aula de estudio e informática, salas de reunións, despacho do equipo educativo, cociña- comedor e dous baños adaptados.

O acondicionamento mobiliario e o equipamento do centro, ARELA contou coa colaboración de MIL FUTUROS, a comunidade Solidaria de Novacaixagalicia, a través da que aínda se pode colaborar co proxecto do Centro de Día en O Barco de Valdeorras a través da web: taquilla.servinova.com/entradas/main.php

A Asociación ARELA ven traballando na Comarca de Valdeorras dende Outubro de 2007, ano no que abriu unha Casa de Familia con capacidade para 10 nenos, nenas e adolescentes. O centro de Día que agora pon en marcha, supón o afianzamento da presenza de ARELA na Comarca de Valdeorras.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng