DailyCBD DailyCBD DailyCBD DailyCBD

Concello do Barco : Antonio Mosquera lerá o pregón das Festas do Cristo

Antonio Mosquera lerá o pregón das Festas do Cristo

06.08.10 10:46

O webmaster de "O Barco, Porta de Galicia", Antonio Mosquera, será o encargado de ler este ano o pregón do Cristo. O acto terá lugar no Teatro Lauro Olmo o venres 10 de setembro ás 21 horas.

Antonio Mosquera Pereiro (Rois, 1949) é dos que nunca faltan ás festas do Cristo. Desde que a entidade bancaria na que comezara a traballar en 1968 o desprazara ao Barco, quedou prendido ao Sil, á vila e á súa xente. Así que cando en 1971 foi traslado á cidade da Coruña, Antonio xa se sentía valdeorrés polos catro costados.

Realizou traballos de implantación informática nas distintas sucursais do banco no que traballaba, sendo coordinador de instalacións informáticas e mantemento delas ata a súa xubilación. Desde 1996 administra o dominio www.obarcodevaldeorras.com e a marca Porta de Galicia, referida ao Barco, da que é propietario no Rexistro de Patentes e Marcas. É tamén afeccionado ao vídeo, realizando en 2008 o titulado "Imaxes do Barco" que foi presentado precisamente  no pregón das festas daquel ano.

Mosquera é fundador na Coruña, onde reside, da Peña Os do Barco, que realiza diversos actos lúdicos e de confraternidade ao longo do ano, con participación da comunidade barquense na cidade herculina. Porén Antonio Mosquera visítanos con frecuencia, acompañado da súa dona, Mari Carme, que é do Barco. Os dous forman parte da pandilla formada arredor do conxunto musical "Los Iris", desde a súa formación, e con eles comparten momentos de festa e o rico anecdotario da súa xeración sobre a vida social do Barco nos derradeiros corenta anos do século XX.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng