Comeza o venres a XX Semana de Cine do Barco

18.08.10 09:37

Este venres ás 2oh30 dará comezo, no Teatro Lauro Olmo. a XX Semana de cine que organiza o cine club Groucho Marx. Farao coa proxección dun documental sobre as emisións de TV realizadas por esta entidade, no trancurso dunha das primeiras edicións da Semana de Cine.

Cartel da "Pájaros de papel" o filme que abrirá a XX Semana de cine do Barco.

Cartel da "Pájaros de papel" o filme que abrirá a XX Semana de cine do Barco.

A primeira película que se ofrecerá ao público será "Pájaros de papel" de Emilio Aragón (o venres ás 22h30), que encabeza a listaxe de títulos que compoñen o ciclo "cine español" e que, xunto aos de actualidade e infantil, compoñen un ano máis o interesante programa destas xornadas, pensadas para os amantes da séptima arte e tamén para todos os públicos, consultar horarios.

Como complemento da proxeccións cinematográficas, o Groucho Marx, ofrece a exposición "Playmóbil de cine 2.0" na Galería Sargadelos ata o 16 de setembro, na que se recrean esceas de coñecidas películas cos populares personaxes de plástico e se reproducen carteis de filmes, situando os bonecos articulados como protagonistas.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng