O segredo dos Hoffman este venres no TLO

26.01.10 12:36

A programación anual do Teatro Lauro Olmo ábrese este venres coa obra O segredo dos Hoffman, de Roberto Salgueiro e Alajandro Palomas, que porá en escena a compañía Lagarta Lagarta a partir das nove da noite.

O segredo dos Hoffman está interpretado por Xosé Barato, Ernesto Chao, Belén Constenla e Rebeca Montero. Son catro membros dunha familia, rota por un segredo oculto durante anos, que se reunen con motivo do falecemento da avoa Constanza. Os seus recordos, soños e anhelos describen un universo pechado, de enorme carga emotiva, nun texto coral que debulla unha historia intensa e envolvente.

Baseada na novela de Alejandro Palomas, Finalista do Premio Torrevieja 2008, está dirixida ao público adulto e ten unha duración aproximada de unha hora e media.

Descarga aqui o programa coa programación completa do mes de febreiro.

SMC

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng