dd Concello do Barco : O xoves poranse á venda as entradas para a X Festa do Botelo

O xoves poranse á venda as entradas para a X Festa do Botelo

11.01.10 09:58

As entradas para poder participar no xantar da X Festa do Botelo, que terá lugar no Barco o próximo 23 de xaneiro, estarán a venda a partir deste xoves. Mantense o prezo de anos anteriores, 13 euros, e poderán retirarse na conserxería do Conservatorio de Música, de luns a venres e de 16 a 21 horas.

A degustación do embutido rei da gastronomía barquense terá lugar a partir das 14.30h no Pavillón Municipal de Calabagueiros e está prevista a participación de máis de 800 persoas. Dúas horas antes dará comezo o acto de entrega das Mencións de Honra e o Pregón no salón de actos do IES Martaguisela.

Coa Mención de Hora nesta ocasión serán distinguidas Fina Vidal Núñez, Marisa Vidal Núñez e Reme Quirós Paradelo, que foron as cociñeiras do Bailarín,  popular restaurante do Barco, situado na Avenida Manuel Quiroga, preto da ponte de San Fernando, entre os anos trinta e finais dos setenta do século pasado.

O pregón será  lido polo xornalista e escritor Carlos Santos Gurriarán, de ascendencia barquense, colaborador de programas como "En días como hoy" e "Comer y cantar" de Radio Nacional de España.

A nota musical, neste acto previo ao xantar, será posta polo cantautor Anxo Rei e o guitarrista Jorge Fernández Ojea, que se ten ocupado dos arranxos musicais dos últimos dous discos do primeiro, un dúo de talentos musicais valdeorreses para o preludio da X Festa do Botelo.

SMC

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng