Faite Inspector da Natureza do Concello cos Bolechas

21.06.09 11:00

¿Queres participar cos Bolechas vixiando que se coide a natureza na nosa comarca? Xa podes conseguir o carné de Inspectores da Natureza na Bilblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán.

Estamos a crear un grupo especial de vixianza que estará encargado de controlar e apuntar todas as condutas positivas e negativas que os nosos veciños cometan durante estes meses.

Que entendemos por condutas positivas?

  •   Botar os plásticos no colector amarelo
  •   Botar o papel no colector azul.
  •   Botar o vidro no colector verde.
  •   Non botar lixo ao chan.
  •   Recoller as cacas das nosas mascotas.
  •   Coidar as nosas árbores e flores.
  •   Aforrar enerxía.

Que entendemos por condutas negativas?

  •   Non reciclar.
  •   Luxar as nosas rúas e parques.
  •   Non recoller as cacas das nosas mascotas.
  •   Malgastar enerxía.
  •   Maltratar aos animais.
  •   Romper e maltratar as nosas árbores e flores

 E coa axuda dun caderno de notas poderás anotar as condutas que vexas aos teus veciños.

Se te queres anotar neste Equipo de Inspectores achégate á Biblioteca e apúntate na nosa listaxe. Os primeiros 75 inspectores terán a oportunidade de vir á presentación do libro:

"Os Bolechas visitan a Semana da Natureza de O Barco de Valdeorras"

Tamén recibirán un exemplar do conto asinado polo autor.

Animádevos e traede unha foto carné e poderedes formar parte da equipa dos Bolechas. 

 

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng