Google Earth mellora a resolución da parte oriental de Valdeorras

27.06.07 09:22

O poderososo programa de localización xeográfica por internet Google Earth mellorou recentemente a resolución da parte leste da nosa comarca, incluíndo todo o núcleo urbano e parte do territorio do concello do Barco, e os de Rubiá e Carballeda de Valdeorras.

As imaxes subministradas por Google Earth que son máis nítidas e de maior resolución espacial e óptica corresponden ás áreas urbanas do mundo e, en especial, ás máis desenvolvidas, sendo a resolución mínima para o resto das zonas, entre as que se atopaba o noso concello ata hai poucos días. A nova ortofotografía facilitada por Google permite aproximarse á trama urbana do Barco e ao territorio da maioría dos seus núcleos de poboación, agás os da Proba, Santa Mariña, Fervenza, O Meiral, Cesures, Vales e Vilarrica. As restantes entidades rurais do concello poden contemplarse coa mellor resolución, a mesma que GE aplica á franxa costeira da Galicia atlántica e ao contorno das nosas cidades.

Esta ferramenta, que pode descargarse gratuitamente, resulta de grande utilidade para a localización de lugares, camiños e estradas, edificios en 3 D ou accidentes xeográficos. É igualmente práctico para deseñar rutas e apreciar as características das parcelas rústicas e os seus usos e, en xeral, os problemas relacionados coa ordenación do territorio.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng