Conferencia sobre o aproveitamento sostible dos soutos de castaños e as actuacións contra a avispilla

05.11.19 12:00

O 13 de novembro, ás 19,30 horas, celébrase no Salón de Actos do Edificio Multiusos do Barco unha conferencia sobre o aproveitamento sostible dos soutos de castaños e as actuacións contra a avispilla.

Organizada pola Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia, a Axencia Galega de Calidade Alimentaria, conta coa colaboración da Xunta de Galicia, o Fondo Europeo Agrícola e o Concello do Barco. A actividade está destinada a persoas vinculadas con sectores produtivos relacionados coa agricultura, a gandería e a industria forestal. A entrada é libre, e os interesados poden inscribirse previamente no Concello do Barco (terceiro andar), cubrindo un formulario.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng