A Banda de Música do Barco ofrece un concerto de bandas sonoras

22.03.19 08:44

Será esta tarde no TLO, ás 20h30 e con entrada libre ata completar aforo, cando a Banda de Música do Barco ofreza este concerto sobre músicas de cinema, tocando mentres aparecen imaxes das películas sobre a pantalla.

A Banda do Barco, dirixida por Manuel Prada Ramos, inclúe desde o principio a música de cine no seu repertorio, mais é a primeira vez que toca un programa formado integramente por melodías cinematográficas. Serán 13 temas doutras tantas películas ben coñecidas da historia do cinema: Flashdance, Cinema Paradiso, Titanic, No llores por mí Argentina, Grease, Juego de Tronos, Gladiator, entre outras.

O acto está organizado en colaboración co cine club Groucho Marx, as imaxes que se proxectarán foron montadas por Anxo Santomil e o cartel é obra de Mauro Docampo Gacio, clarinetista da banda.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng