Cheap Synthroid

Synthroid is especially important during competitions and for rapid muscle growth. No prescription needed when you buy Synthroid online here. This drug provides faster conversion of proteins, carbohydrates and fats for burning more calories per day.

Cheap Abilify

Abilify is used to treat the symptoms of psychotic conditions such as schizophrenia and bipolar I disorder (manic depression). Buy abilify online 10mg. Free samples abilify and fast & free delivery.

Sponsored:

The best online shops in Italy:

Concello do Barco : Quico Cadaval conta "Vacas, guerras, porcos e cregos" este venres no TLO

Quico Cadaval conta "Vacas, guerras, porcos e cregos" este venres no TLO

14.10.19 12:50

O venres 18 de outubro ás 21 horas, P.T. Excéntricas presenta a Quico Cadaval en "Vacas, guerras, porcos e cregos", narración oral teatralizada onde o de Ribeira enfía, co seu peculiar estilo, unha fábula con moitos personaxes, todos eles pouco virtuosos.

Quico Cadaval desenvolve dende os anos 90 do pasado século unha actividade como contador de historia e sucedidos. Este tipo de espectáculos, considerados a forma mais diminuta de teatro, son unha das mais poderosas chamadas á imaxinación do público, que ten que construir co narrador as imaxes da historia. Na actualidade a narración escénica ten un amplo circuito internacional ao que son convocados, con frecuencia representantes da arte de contar contos na Galiza. Desde fóra ven unha identidade estilistica ou un estilo nacional que nos singulariza no xénero da palabra viva.

En VACAS, GUERRAS, PORCOS E CREGOS Cadaval conta a historia dun antepasado, Xuán o Fino, que era un home bo coa familia, pacífico e bo viciño, amigo de facer favores. Unha personaxe carente de interese para o público, por estar exento de maldade. Mais observando o entorno do patriarca, aparecen historias extraordinarias protagonizadas por personaxes menos virtuosos. Son coprotagonistas da historia vacas, curas, mentireiros, sementais, barbeiros , porcos,artistas de cine e militares. Aparecerá o parto dunha vaca, a historia da prohibición da aguillada, o uso do xabrón como silenciador, o brutal acto inseminativo, un militar pasando ferias, as nenas vaqueiras, un crego que domina a Lüger e a retórica, un barbeiro profético, fenómenos extraños na noite de vodas, entre todas as personaxes desta fábula coral, destaca O Ghacheiro, un performer fedello, enredante e pícaro, que fai confluir, para asombro da veciñanza, unha das suas farsas co desembarque de Normandía, o seis de xuño de 1944. O teatro das operacións é a parroquia de Carreira 42º23'33”, xusto enfrente de Boston-Masachusetts.

Foi estreado o 8 de xaneiro no Festival Poéticas Contemporáneas de Madrid.

OBarcoDeValdeorras

Nueva Ventana Xunta de Galicia
  • Rus
  • Eng